viernes, 29 de octubre de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS E DÍA DAS BIBLIOTECAS

Os días 18 e 24 de outubro conmemóranse o Día das Escritoras e o Día das Bibliotecas respectivamente, así que pensamos que a mellor maneira de celebralos sería achegando unha selección da obra de diferentes autoras, a maior parte delas galegas, ás nosas escolas. Durante unha semana estivéronse a ler distintos libros e a traballar sobre as súas autoras coa intención de coñecelas un pouquiño máis, descubrindo información sobre as súas vidas que nos axudou a humanizalas, a comprender que detrás deses nomes hai persoas coma elas e eles, un pouquiño maiores iso si, que decidiron adicar as súas vidas a facer máis felices as dos demais a través das súas historias. Na escola de Camporrapado incluso conseguiron comunicarse con  Olaya Naveira a través do seu instagram para obter resposta sobre dúbidas que lles foron xurdindo ao traballar a súa obra.
Quen sabe se o feito de coñecer mellor a estas mulleres e a súa obra serve de inspiración para que nun futuro algunha das nosas alumnas ou alumnos se animan a converterse en grandes autoras ou autores. 
As autoras escollidas foron: Gloria Sánchez, Mª Fe Quesada, Iria Fafián, Concha Blanco, Olaya Naveira, Eva Mejuto, Fina Casalderrey, Teresa Lima, Patricia Castelao, Ana Carreira, Noemí López, Charo Pita, Fátima Afonso, Paula Carballeira, Blanca Millán, María Reimóndez, Vanesa Álvarez, Teresa Moure, Rosalía de Castro, Magdalena Matoso, Xoana Almar e María Canosa.
E estes foron os libros traballados divididos en lotes para as diferentes escolas:



No hay comentarios:

Publicar un comentario