lunes, 11 de mayo de 2020

DÍA MUNDIAL DA NARRACIÓN ORAL


O 20 de marzo é o día da narración oral.

“É condición natural en todos os pobos dar resposta a tres preguntas: de onde vimos, quen somos e a onde queremos ir. De ahí a creación  de seres e ubicacións que xustifiquen que nós estamos aquí para algo”
      Antonio Reigosa
Xornadas Hume 2015
Escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da lingua galega de tradición oral.

É dicir todas aquelas historias que nos contaban os nosos familiares de máis idade leváronnos ao coñecemento do que pasou, do que está a pasar e do que virá dun modo lúdico.
Desde o equipo de biblioteca ofrecémosvos dous recursos vinculados a tradición oral. Un conto popular contado por Antonio Reigosa e un xogo de mans contado por Avelino González.
Deixámosvos taén os enlaces a dúas webs que traballan especialmente sobre este tema. Aí podedes atopar máis contos, lendas…
Galicia encantada
Asociación de escritoras e escritores en lingua galega.
 //www.aelg.gal/
Colectivo de Narración Oral Galega (NOGA)
En Instagram 
@colectivonoga
En youtube

Esperamos que desfrutedes das contadas, e se a través desta actividade xorden contadas de tradición oral nas vosas casas… aquí estamos para recibilas coas orellas ben abertas. Podedes enviar gravacións a través de whatsapp aos teléfonos das escola.


Pincha sobre a imaxe

8 de marzo

No noso centro durante dita semana puxemos en marcha un Obradoiro de Igualdade baseado nun contacontos con maxia.
Pincha sobre as imaxes

http://rukutru.blogspot.com/2020/03/dia-internacional-da-muller.html

Actividades das escolas




https://www.instagram.com/explore/tags/8mcampo1920/https://www.instagram.com/p/B9hOz2UJ83k/?utm_source=ig_web_copy_link

TROCO DE SEMENTES

Enmarcado no proxecto de voz natura, este ano fixemosun troco de sementes entre as escolas.

Pincha sobre as imaxes

http://rukutru.blogspot.com/2020/03/troco-de-sementes2020.html

Foi unha actividade que favoreceu especialmente o emprego da lectura e da escritura cun uso social. E conlevou actividades de búsqueda de información sobre as sementes e plantación. A necesidades de facer listaxes, de escribir para transmitir información... A continuación recollemos algunhas das actividades levadas a cabo nas aulas.

https://www.instagram.com/p/B9UycpPIl56/?utm_source=ig_web_copy_linkhttps://www.instagram.com/p/B9UppgsJbEk/?utm_source=ig_web_copy_link

Pincha sobre as imaxes
https://www.instagram.com/p/B9rqhDwpAG5/?utm_source=ig_web_copy_link
https://www.instagram.com/explore/tags/sementescampo1920/

O LOBO E A LÚA


O xoves 5 de marzo fixemos unha saída  AFundación Obra Social ABANCA para desfrutar da obra teatral  "O LOBO E A LÚA",  a cargo da compañía Baobab Teatro. Un espectáculo creativo e intrigante para os máis pequenos/as onde os protagonistas da historia conviven a pesar das súas diferenzas. Unha obra que transcorre sempre de noite, á luz da lúa, e onde se trata a amizade, a superación dos propios medos e o amor.

O BURRO DE ENTROIDO, POESÍA DE TRADICIÓN ORAL

https://www.instagram.com/p/B8uX9v6J7A6/?utm_source=ig_web_copy_link

https://www.instagram.com/explore/tags/burrocampo1920/

Pincha sobre as imaxes

DÍA DE ROSALÍA

Desde o equipo de dinamización da lingua galega fixeron a proposta de traballar un poema do libro" parece unha rosa" facendo un caligrama en arts. Tamén traballaron na clase de música unha das cantigas do álbum "Rosalía pequeniña" de Uxía, editorial Sonárbore .



Outros traballos das escolas.
Pincha sobre as imaxes.

https://www.instagram.com/p/B8g7XUupDwv/?utm_source=ig_web_copy_link

https://www.instagram.com/explore/tags/rosaliacampo1920/

DÍA DA MULLER NA CIENCIA

Espazo temático creado na biblioteca con fondos para traballar esta conmemoración.