O 20 de marzo é o día da narración oral.
“É condición natural en todos os pobos dar resposta a tres
preguntas: de onde vimos, quen somos e a onde queremos ir. De ahí a
creación de seres e ubicacións que
xustifiquen que nós estamos aquí para algo”
Antonio Reigosa
Xornadas Hume
2015
Escritor, conferenciante e
investigador da mitoloxía popular e da lingua galega de tradición oral.
É dicir todas aquelas historias que nos contaban os nosos
familiares de máis idade leváronnos ao coñecemento do que pasou, do que está a
pasar e do que virá dun modo lúdico.
Desde o equipo de biblioteca ofrecémosvos dous recursos
vinculados a tradición oral. Un conto popular contado por Antonio Reigosa e un
xogo de mans contado por Avelino González.
Deixámosvos taén os enlaces a dúas webs que traballan especialmente
sobre este tema. Aí podedes atopar máis contos, lendas…
Galicia encantada
Asociación de escritoras e escritores en lingua galega.
//www.aelg.gal/
Colectivo de Narración Oral Galega (NOGA)
En
Instagram
@colectivonoga
En youtube
Esperamos que desfrutedes das contadas, e se a través desta
actividade xorden contadas de tradición oral nas vosas casas… aquí estamos para
recibilas coas orellas ben abertas. Podedes enviar gravacións a través de
whatsapp aos teléfonos das escola.
Pincha sobre a imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario