A proposta para realizar na casa no día da poesía foi o traballo de 3 retahílas.
A
retahíla é un tipo de poesía de tradición oral, rimada e cun ritmo moi
rápido.
Ten un carácter lúdico e son un bo recurso para traballar a fluidez verbal,
a imaxinación e a memoria.
Que actividades propuxemos para xogar con elas?
- Recitarlla varias veces
- Recitala en eco (recitar un verso e el@s repíteno)
- Recitar o principio do verso e que digan a palabra final, a rimada.
- Recitar un verso e que digan o seguinte.
- Recitala moi, moi despacio e ir incrementando a velocidade ata facelo rapidísimo.
- - Recitala saltando, ou poñendo os pelos de punta, tapando o nariz, saltando a comba,
inventando un xogo de palmas…
- Propuxémos gravar un audio recitándoas. E mandalo ao teléfono do cole.
- E gravar retahílas que coñezan e así poder facer unha colección.
Animámos a usalas para botar a sortes a quen lle toca face unha tarefa,
quen empeza un xogo….
Pincha sobre a imaxe
Outras actividades das escolas.
Nas escolas de Sergude e Camporrapado unímonos ao reto lanzado en instagram
pola biblioteca municiapal Anxel Casal elaborando desde as casas títulopoemas.
En Camporrapado tamén participamos na proposta de @poesiademergencia de convertirnos en lectores voluntarios de poesía, gravando colectivamente ao teléfono un poema de Antonio García Teijeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario