lunes, 11 de mayo de 2020

DÍA DO LIBRO

Neste día do libro tan diferente tivo unha gran acollida a proposta feita ás familias desde a biblioteca do centro. Premendo sobre a imaxe poderedes desfrutar dos contos lidos pol@s compañeir@s de todo o Cra.

http://rukutru.blogspot.com/2020/05/dia-do-libro.html

DÍA MUNDIAL DO TEATRO E DAS ARTES GALEGAS


O 27 de marzo celébrouse o día internacional do teatro, e desde os equipos de dinamización da lingua galega e biblioteca fixemos a seguinte proposta conxunta.

Achegamos un documento co texto “As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas. Este conto relata unha vivenza do autor de cando era pequeno.
A proposta consistíu en  que leran o conto e  logo fixeran un pequeno teatro de monicreques  da parte do texto onde Ricardo vai salvar ás pitas da choiva.
Achegamos un arquivo anexo coas siluetas e as instrución de  montaxe da nosa proposta con imaxes de artistas galego. Facendo así un pequeno guiño ao día das artes galegas.
Obras seleccionadas para os monicreques
1: “ A feiranta” Luís Seoane (avoa)
2: “Florisel” Laxeiro (Ricardo)
3: Peza de Sargadelos (galo)
4:Peza de Sargadelos (galiñas)




DÍA DA POESÍA

A proposta para realizar na casa no día da poesía foi o traballo de  3 retahílas.
A retahíla é un tipo de poesía de tradición oral, rimada e cun ritmo moi rápido. 
Ten un carácter lúdico e son un bo recurso para traballar  a fluidez verbal, 
a imaxinación e a memoria.

Que actividades propuxemos para xogar con elas?
-        Recitarlla varias veces
-        Recitala en eco (recitar un verso e el@s repíteno)
-        Recitar o principio do verso e que digan a palabra final, a rimada.
-        Recitar un verso e que digan o seguinte.
-        Recitala moi, moi despacio e ir incrementando a velocidade ata facelo rapidísimo.
-       - Recitala saltando, ou poñendo os pelos de punta, tapando o nariz, saltando a comba, 
inventando un xogo de palmas…
-      Propuxémos gravar un audio recitándoas. E mandalo ao teléfono do cole.
-        E  gravar retahílas que coñezan e así poder facer unha colección.
Animámos a  usalas para botar a sortes a quen lle toca face unha tarefa, 
quen empeza un xogo….




http://rukutru.blogspot.com/2020/03/dia-da-poesia_26.html
 Pincha sobre a imaxe



Outras actividades das escolas.

Nas escolas de Sergude e Camporrapado unímonos ao reto lanzado en instagram
 pola biblioteca municiapal Anxel Casal elaborando desde as casas títulopoemas.

https://www.instagram.com/explore/tags/t%C3%ADtulopoemacampo1920/
Pincha sobre a imaxe

https://www.instagram.com/p/B-AW76ApFbq/?utm_source=ig_web_copy_link
Pincha sobre a imaxe
En Camporrapado tamén participamos na proposta de @poesiademergencia de convertirnos en lectores voluntarios de poesía, gravando colectivamente ao teléfono un poema de Antonio García Teijeiro.


Poesía na escola de San Xián

https://www.instagram.com/p/B-AVFvBC-qC/?utm_source=ig_web_copy_link
Pincha na imaxe

DÍA MUNDIAL DA NARRACIÓN ORAL


O 20 de marzo é o día da narración oral.

“É condición natural en todos os pobos dar resposta a tres preguntas: de onde vimos, quen somos e a onde queremos ir. De ahí a creación  de seres e ubicacións que xustifiquen que nós estamos aquí para algo”
      Antonio Reigosa
Xornadas Hume 2015
Escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da lingua galega de tradición oral.

É dicir todas aquelas historias que nos contaban os nosos familiares de máis idade leváronnos ao coñecemento do que pasou, do que está a pasar e do que virá dun modo lúdico.
Desde o equipo de biblioteca ofrecémosvos dous recursos vinculados a tradición oral. Un conto popular contado por Antonio Reigosa e un xogo de mans contado por Avelino González.
Deixámosvos taén os enlaces a dúas webs que traballan especialmente sobre este tema. Aí podedes atopar máis contos, lendas…
Galicia encantada
Asociación de escritoras e escritores en lingua galega.
 //www.aelg.gal/
Colectivo de Narración Oral Galega (NOGA)
En Instagram 
@colectivonoga
En youtube

Esperamos que desfrutedes das contadas, e se a través desta actividade xorden contadas de tradición oral nas vosas casas… aquí estamos para recibilas coas orellas ben abertas. Podedes enviar gravacións a través de whatsapp aos teléfonos das escola.


Pincha sobre a imaxe

8 de marzo

No noso centro durante dita semana puxemos en marcha un Obradoiro de Igualdade baseado nun contacontos con maxia.
Pincha sobre as imaxes

http://rukutru.blogspot.com/2020/03/dia-internacional-da-muller.html

Actividades das escolas




https://www.instagram.com/explore/tags/8mcampo1920/https://www.instagram.com/p/B9hOz2UJ83k/?utm_source=ig_web_copy_link